Legado Indiano
Legado indiano
A finais do século XIX e principios do XX, Ribadeo viviu unha etapa de esplendor grazas ao retorno dos indianos, emigrantes que regresaban de América con fortuna e novas ideas. Estes ilustres veciños non só investiron en negocios e construcións, tamén impulsaron proxectos culturais e sociais. Contribuíron a transformar a vila e modernizar as súas infraestruturas. Sen dúbida, a súa influencia marcou a paisaxe urbana e sentou as bases do Ribadeo moderno.
Hoxe, o legado indiano é unha parte esencial do atractivo turístico de Ribadeo. Máis de medio centenar de casas señoriais, con fachadas ornamentadas, xardíns tropicais e detalles arquitectónicos únicos, conviven con edificios emblemáticos, como escolas, unha praza de mercado, unha traída de augas e a Granxa Escola Agrícola Pedro Murias. Este conxunto patrimonial converte a Ribadeo nun destino ideal para os amantes do turismo cultural e a arquitectura con historia.
O Legado Indiano en Ribadeo: pegada dun pasado próspero

Ribadeo destaca como o municipio galego con maior concentración de casas indianas en relación ao seu tamaño. Para descubrir este valioso patrimonio, propoñemos dúas rutas complementarias: unha urbana e outra rural. A través de ambos percorridos, o visitante poderá penetrarse no máis representativo do legado indiano, admirando edificacións únicas consideradas auténticas xoias arquitectónicas.
Ruta Urbana do Legado Indiano
Ruta das Parroquias: O legado indiano no medio rural
A ruta urbana do legado indiano en Ribadeo convida a percorrer o corazón da vila a través dos seus edificios máis emblemáticos. O itinerario comeza no icónico Cantón dos Moreno e percorre distintos puntos de interese. Un deles é o histórico barrio de San Roque, nel concéntrase gran parte da arquitectura indiana.
Palacetes, xardíns con palmeiras e casas con miradoiros conviven con recunchos cheos de historia como a Torre dos Moreno, a Casa de Don Clemente ou a rúa Rodríguez Murias, verdadeiro escaparate do esplendor económico vivido polos indianos. Esta ruta é ideal para os amantes do patrimonio cultural e arquitectónico, pois ofrece unha experiencia única en pleno centro urbano.
Torre dos Moreno
Esta residencia foi construída entre 1914 e 1915, por iniciativa dos irmáns Juan e Pedro Moreno Ulloa. Encargaron seguir os criterios do arquitecto arxentino Julián García Núñez e do enxeñeiro Ángel Ardex, discípulo do modernismo catalán e da contorna de Antoni Gaudí.
A obra xerou gran expectación durante a súa construción. Unha vez finalizada, espertou admiración polo seu carácter innovador. Utilizáronse materiais pouco habituais na época: formigón, vidro e ferro forxado.
Tamén destaca a súa ornamentación modernista. A cúpula que coroa o edificio está sostida por catro cariátides. Pode verse desde distintos puntos da vila, pois álzase sobre o solar máis elevado de Ribadeo, no que antigamente estaba a fortaleza.
Co paso do tempo, a Torre dos Moreno converteuse nunha verdadeira icona da vila.
Casa de Don Clemente
Don Clemente, natural de Ribadeo, regresou á vila tras alcanzar unha considerable fortuna e unha posición social destacada. Á súa volta, adquiriu dous edificios anexos que reconstruíu e acondicionou para convertelos nunha soa vivenda.
Esta solución non era habitual na arquitectura indiana, o que outorga ao conxunto un carácter singular e un valor engadido.
Casa do Vello Pancho
Para seguir, é imprescindible deterse na casa onde naceu en 1857 o escritor José Mª Alonso Trelles e Jarén. Foi coñecido como O Vello Pancho.
Emigrou a Arxentina, aínda que máis tarde estableceuse en Uruguai. Alí exerceu o xornalismo e converteuse nun gran defensor da cultura gaucha.
Nas súas obras, ao estilo dun bardo popular, retratou a alma da sociedade que o acolleu. O seu vínculo foi tan profundo que hoxe está considerado unha das figuras clave da literatura uruguaia. É, sobre todo, o poeta que mellor cantou o sentir dos gauchos do Cono Sur.
O seu libro máis coñecido é Palla brava, publicado en 1916. Hoxe en día, a súa casa natal alberga o Centro de Estudos Iberoamericanos.
Rúa de Rodríguez Murias
Esta rúa conserva algunhas das edificacións máis representativas da arquitectura indiana. Tamén reflicte o auxe e a expansión que viviu a vila naquela época.
O seu nome rende homenaxe a Jesús Rodríguez Murias, un dos indianos máis influentes, nacido na localidade pesqueira de Rinlo.
Faleceu en 1909 e deixou un importante legado económico á súa parroquia e á vila. Ese capital destinouse a obras benéficas e culturais.
Hoxe, a rúa Rodríguez Murias é coñecida como o eixo das Cuatro Calles e constitúe o corazón comercial de Ribadeo.
Barrio de San Roque
É o barrio indiano por excelencia. Moitos dos primeiros emigrantes que regresaron a Ribadeo na década de 1870 construíron nel as súas vivendas. Naquel momento, considerábase o arrabalde da vila.
As casas eran moito máis amplas que as habituais da época. Tiñan grandes ventás e formas que rompían coa sinxeleza da arquitectura popular galega do século XIX. Os novos propietarios decoraban as fachadas, rodeaban as casas de xardíns —non hortas— e instalaban enreixados e cancelas de ferro forxado. Tamén labraban detalles ornamentais nos portóns de madeira.
Aínda que as obras eran dirixidas por técnicos locais, os indianos impoñían os seus gustos. Chegaban con influencias de Buenos Aires, A Habana ou, mesmo, do París máis idealizado do momento.
A ambos dous lados da rúa San Roque hai vivendas indianas de estilos moi variados. Algunhas son exuberantes. Outras, máis sobrias. Iso sí, todas reflicten modelos arquitectónicos que triunfaban en América.
Nalgúns casos, os propietarios adaptaron as súas ideas ás recomendacións dos construtores locais. Un bo exemplo son os balcóns, moitos deles únicos. Convén sinalar que, a partir dos anos 60 do século XX, algunhas fachadas foron alicatadas. O azulexo considerábase entón unha solución eficaz para protexer os muros da humidade.

Rúa San Roque
Casa da Ayudantía
[no número 12]
Este edificio foi mandado construír en 1886 por Francisco López García. O seu nome vén de que durante varios decenios acolleu a Ayudantía da Comandancia de Mariña. Aínda que hoxe alberga tres vivendas, foi concibido como residencia unifamiliar.
O edificio é unha clara mostra da puxanza do ferro como solución decorativa e a arte da ferrería, en competencia coa ebanistería.
Vivenda de dona Esperanza Leiras
[no número 14]
A promotora, Esperanza Leiras e López, ordenou a súa edificación en 1886. O inmoble presenta dous elementos moi característicos da arquitectura indiana: o soportal, que avanza e protexe a entrada principal –moi común na casas indianas– e o gurugú ou miradoiro acristalado que coroa o tellado e ao que se afeccionaron numerosos comerciantes ribadenses dos séculos XVIII e XIX.
Vivenda de dona Ascensión Pillado
[no número 16]
Foi custeada por Ascensión Pillado e Pedrosa en 1888. A fachada remite aos pazos urbanos do centro histórico porque, do mesmo xeito que neles, está inspirado na arquitectura tradicional galega.
Casa dos Andés
[no número 18]
É un exemplo paradigmático de arquitectura ecléctica, pois funde elementos procedentes de diversos estilos. Foi construída en 1920. O elemento máis significativo desta elegante vivenda é a implementación de ferro forxado e vidro, que se complementan para dar forma a dous miradoiros ou galerías.
Casa da Calzada
Esta vivenda, con aires de vila urbana, foi construída en 1910 por orde da familia Lanza. A estrutura e decoración remiten a unha arquitectura ecléctica, con elementos de moi diversa procedencia. Destaca a ornamentación modernista, formas curvas e finos traballos de forxa en xanelas e balcóns. A torre, destinada a mostrar a posición social dos propietarios, o xogo de formas da fachada e o xardín revelan a influencia dos chalés de factura francesa, tan frecuentes nas capitais europeas e, por extensión, nas americanas.
Casa dos Ananos
Foi levantada a iniciativa de Antonio Fernández, emigrado á Arxentina e máis coñecido en Ribadeo como Antonio dos Ananos. O inmoble é un exemplo típico de construción inspirada en elementos autóctonos. Pódese notar, por exemplo, na torre cadrada que lembra á dos pazos e na sobriedade decorativa. Con todo, incorpora formas e tendencias modernas, como son o xardín ou a apertura cara ao exterior con grandes xanelas e balcóns.
Os pináculos da torre, os beirados marcados, o uso de cemento nos balcóns e os volumes octoédricos reforzan a sensación de solidez. O zócalo de sillería, a ausencia de curvas e a sobriedade nas cores completan o conxunto. Cada detalle transmite unha idea clara: éxito, poder e estabilidade. Xusto o que moitos indianos querían reflectir nas súas casas.
Casa Rosa
Este edificio foi incluído en moitas ocasións dentro da arquitectura indiana. Con todo, non forma parte dela. En realidade, trátase dunha construción modernista. A súa decoración rende homenaxe á natureza. Móstrano as formas redondeadas das varandas e a elegante cúpula que o coroa.
Casa de Sela e Xardín de Indianos
A Casa de Sela é unha das construcións indianas máis antigas de Ribadeo, data de 1869. O seu impoñente volume, a sobriedade decorativa e o emprego da cantería de granito remiten á arquitectura tradicional, tanto institucional como privada, que se desenvolveu na Galicia do XVIII e XIX. Os seus construtores foron fieis ás tendencias clásicas da arquitectura autóctona, plasmada nos pazos urbanos dos séculos XVIII e XIX.
Segundo os datos dispoñibles, o edificio sería unha réplica da casa que o seu propietario tiña en México. Tal vez por iso incorpora elementos tan rechamantes como as chamativas galerías ou o terrado cunha glorieta, a modo de observatorio da contorna. O predio conserva a vexetación típica da paisaxe indiana. Entre outras especies, destaca a palmeira, símbolo daquel legado.
O chamado Parque de Indianos, incluído na ruta, foi creado como homenaxe aos emigrantes de Ribadeo (tanto aos que regresaron como aos que non). Nel conviven especies autóctonas e americanas, como as araucarias, xunto a magnolios, arbustos ornamentais e plantas floridas. Tamén se conservaron os vellos plátanos que xa crecían na parcela antes da súa transformación.
Casa do Óptico
Algo apartada e situada xunto a un dos antigos accesos á vila, debe o seu nome ao óptico Pedro García, o seu propietario.
Foi construída a comezos do século XX seguindo as pautas do estilo indiano. Destaca polo gurugú ou miradoiro que a coroa, un elemento típico nas casas de comerciantes e armadores dos séculos XVIII e XIX.
O xardín conserva aínda unha acacia centenaria, ademais da palmeira, presente en case todos os xardíns das residencias indianas.
Cuartel Vello
Esta casa-torre é un bo exemplo dos excesos nos que incorreron algúns indianos ao regresar. Con máis de mil metros cadrados de superficie, a vivenda terminou sendo unha carga para o matrimonio propietario. Por iso, non sorprende que, co tempo, o edificio se transformase en cuartel. De aí o seu nome actual.
Casa-torre é máis coñecida polo seu tamaño que polas súas calidades arquitectónicas. Aínda así, presenta unha virtude destacable: a funcionalidade do corpo principal, un octaedro de tres plantas concibido cun enfoque racionalista.
Desde o exterior, chaman a atención dous elementos decorativos. Por unha banda, a balaustrada que remata a fachada principal. Por outro, a carpintería en relevo da fachada lateral dereita.
A ruta das parroquias mostra o alcance do mecenado indiano máis aló do centro de Ribadeo. Permite descubrir a súa pegada en enclaves rurais nos que os emigrantes tamén transformaron a paisaxe e a vida local. Parroquias como A Devesa ou San Xulián conservan verdadeiras xoias arquitectónicas. Moitas seguen en uso. Todas reflicten a profunda transformación social e cultural que os indianos deixaron na súa terra.
Granxa-escola Pedro Murias
O segundo itinerario da ruta da Pegada Indiana comeza na Granxa-Escola Pedro Murias, un exemplo destacado do mecenado exercido por moitos emigrantes galegos nos seus lugares de orixe. Aínda hoxe, o centro segue activo como escola de capacitación agropecuaria, tal como dispuxera o seu fundador.
Pedro Murias, natural de Ribadeo, emigrou a Cuba e triunfou no sector tabaqueiro.
O ascenso social e a estabilidade económica non lle fixeron esquecer as súas orixes. Ao contrario, quixo ofrecer aos mozos da súa terra a formación que el non puido ter. Por iso, no seu testamento deixou ordenada a creación dun centro de capacitación agraria.
Ese xesto permitiu fundar un centro pioneiro, non só na comarca, senón en toda Galicia. A escola abriu as súas portas en 1920 e, xunto á de Abegondo, foi clave na modernización do campo galego durante as décadas de 1920 e 1930.
É unha peza esencial do legado indiano e, ao mesmo tempo, un bo exemplo da arquitectura racionalista promovida baixo o influxo da Ilustración.
Casa de San Xulián
Este inmoble, construído en 1910 por encargo da familia de Pedro Murias, reflicte unha vez máis o desexo de moitos indianos de mostrar o seu éxito sen renunciar ás súas raíces. Con todo, tamén querían marcar distancias. Por iso, en ocasións como esta, levantaban as súas casas lonxe do núcleo urbano, en lugares que subliñaban a súa nova posición social e lles ofrecían intimidade.
A Casa de San Xulián álzase a 50 metros do vial público. Algo pouco habitual en Galicia, onde o normal foi —e segue sendo— construír en primeira liña de rúa ou estrada.
Rinlo
Aínda que Rinlo foi unha localidade mariñeira desde hai séculos, algúns emigrantes que fixeron fortuna tamén deixaron aquí a súa pegada. Financiaron a compra do solar onde se construíu a igrexa parroquial —Pedro Murias foi un de eles— e sufragaron a edificación da escola local.
En canto a vivendas particulares, destacan especialmente dous inmobles.
Casa de don Inocencio

Casa de Rinlo
Vivenda de sólida estrutura construída na década de 1910.

A Devesa
Nesta parroquia ribadense consérvase un asentamento indiano disperso ao longo da N-634. O conxunto, de gran valor histórico e arquitectónico, inclúe edificios singulares como o Círculo Habaneiro.
Casa Colorada
Construída en 1919 como residencia particular, conta con dúas plantas, ático e tellado de lousa a dúas augas. O xardín, deseñado polo seu promotor —un indiano retornado de Cuba amante da flora—, alberga palmeiras, iucas, araucarias, un pombal con depósito de auga no alto, un curral para patos, unha fonte, un forno, un merendero e unha pérgola.
Casa de don Lourenzo
Palmeiras, araucarias, magnolios e salgueiros definen a contorna vexetal deste predio, rodeado por un muro de peche que garante total intimidade. A vivenda presenta unha factura sinxela e convencional, en liña con outras construcións indianas da contorna rural.
Casa-torre de Maseda
Este casarón foi construído en 1924 por iniciativa de Ramón Maseda Villamil. Álzase xunto ao trazado da actual N-634, separada da estrada por unha beirarrúa de uso privado. O predio, pechado e arborizado, conserva unha impoñente palmeira que convive con magnolios e outras especies exóticas e autóctonas.
Casa Place Margarita
Construída en 1926 por Manuel Fernández López, natural de Ribadeo e emigrado a Florida, é un dos mellores exemplos de influencia estadounidense na arquitectura indiana. A vivenda foi deseñada en Estados Unidos e algúns dos seus materiais importáronse directamente desde alí.
Un dos elementos máis singulares é a adaptación ao uso do automóbil, aínda pouco común en Galicia nesa época.
Casa Maseda
Construída en 1920, esta vivenda destaca polas súas xenerosas dimensións e pola abigarrada ornamentación da fachada principal. Como en tantos predios indianos, non falta a palmeira.
A Rochela
Neste pequeno núcleo urbano consérvase unha casa labrega construída en 1830, cuxa estrutura orixinal foi enriquecida con elementos ornamentais propios da arquitectura indiana. A intención era diferenciala das vivendas da contorna.
Cemiterio da Devesa
Financiado por emigrantes que fixeron fortuna, este camposanto reflicte a influencia dos criterios indianos aplicados á arquitectura funeraria. O seu deseño transmite o desexo de deixar unha pegada duradeira na súa terra de orixe.
Casa Acevedo
Mandada construír en 1920 por José Acevedo Martínez, esta propiedade reúne varios inmobles. Dous deles conforman a vivenda principal. A fachada foi recuberta con morteiro de cemento, aínda que a primeira ollada parece de pedra.
Pola humidade do terreo, a casa levantouse sobre piares de madeira. A entrada está presidida por un enreixado de ferro con lanzas e flores de lis, flanqueada por dúas pilastras de ladrillo visto rematadas con capiteis de estilo mediterráneo.

Casa Pancracio
De planta cadrada e tellado a dúas augas interrompido por unha bufarda central, esta vivenda foi construída en 1926. A súa sobriedade formal resulta pouco común dentro da arquitectura indiana, aínda que incorpora elementos que a vinculan claramente a ese estilo. Por exemplo, o chamado “balcón presidencial”, as cornixas con modillóns e o frontón triangular de selo neoclásico, no que figuran o nome da casa e o ano da súa construción.
O predio complétase cunha cerca en harmonía coa vivenda e un xardín con especies vexetais de importación, que reforzan o seu carácter indiano.
Tras visitar Casa Pancracio, o itinerario continúa cara ao Círculo Habaneiro, punto final da ruta da Pegada Indiana.