Reserva de visitas guiadas
Reserva de visitas guiadas en Ribadeo
Descobre a alma de Ribadeo paseando polas súas rúas cheas de historia, admirando as súas casas de indianos e deixándote sorprender polas vistas á ría. Desde o porto deportivo ata o faro da Illa Pancha, cada recuncho conta unha parte do pasado mariñeiro e viaxeiro desta vila galega.
Mergúllate no seu ambiente local, con mercados tradicionais, prazas cheas de vida e unha gastronomía marcada polo mar.
Ribadeo é o punto de partida perfecto para explorar a costa, pero tamén un destino en si mesmo. Nel mestúranse a cultura, a arquitectura e a tranquilidade do norte.
Percorrer Ribadeo é viaxar no tempo, entre palacetes, rúas empedradas e paisaxes que miran ao Cantábrico. Unha experiencia para saborear sen présas.
Percorridos para descubrir a esencia da vila

Ribadeo Indiano
Ribadeo Ilustrado
Poucos momentos marcaron tanto a historia de Ribadeo como o que se viviu entre finais do século XIX e comezos do XX, cando moitos veciños emigraron a América e, anos despois, regresaron. Aquela viaxe de ida e volta deixou unha pegada profunda e visible na vila, que aínda hoxe se percibe no seu trazado urbano, no impulso á educación, á cultura ou á música, na transformación do campo ou no nacemento de iniciativas sociais e empresariais que cambiaron para sempre a paisaxe e a vida local.
Duración: 1 hora
Prezo: Gratuíta
Dificultade: Baixa.
Grupo máximo: 20 persoas
Punto de encontro: Oficina de Turismo de Ribadeo (Coordenadas: 43.535572631846385, -7.039302317989459)
O século XVIII foi unha das etapas de maior esplendor económico para Ribadeo. En plena era da Ilustración, o seu porto alcanzou un lugar destacado entre os principais do Cantábrico. Atraeu a comerciantes influentes que deixaron a súa pegada na vila. Moitas das súas casas se transformaron ou se levantaron de novo, marcando a paisaxe urbana da época. A día de hoxe, aínda se conservan algúns destes pazos no casco antigo, facilmente recoñecibles polos seus característicos miradoiros acristalados —os famosos gurugús— que coroan os tellados.
Duración: 1 hora
Prezo: Gratuíta
Grupo máximo: 25 persoas

Reserva doutras rutas

Mareas Vivas nas Catedrais
Xeoruta dos Pregues
Xeoruta da Ría
A ruta “Mareas Vivas en As Catedrais” é unha experiencia única para descubrir este monumento natural no seu esplendor. Guiado por un xeólogo profesional, coñecerás o fascinante proceso de formación dos impresionantes arcos rochosos e por que esta zona alberga a maior concentración de arcos da península ibérica.
- Duración: Variable (dependendo da marea)
- Prezo: Gratuíta
- Grupo máximo: 20 persoas
- Punto de encontro: Punto de Información Turística da Praia de As Catedrais (Coordenadas: 43.553569, -7.159227)
Nesta xeoruta exploraremos unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña Lucense, un enorme pliegue que se estende desde a Ría de Foz ata a Ría de Ribadeo. Descobre como a colisión de supercontinentes deu forma a esta espectacular formación e como a erosión diferencial modelou a paisaxe que vemos hoxe. Camiñaremos pola súa charnela, a zona de máxima curvatura, e destacaremos a presenza de materiais que nos indican como o nivel do mar non sempre foi o mesmo.
- Duración: 3 horas
- Distancia a pé: 4 km
- Dificultade: Baixa
- Prezo: Gratuíta
- Grupo máximo: 20 persoas
- Punto de encontro: Área recreativa da Areosa (Piñeira) (Coordenadas: 43.556003, -7.064298)
Nesta fascinante ruta, exploraremos a orixe e a evolución da ría de Ribadeo, unha paraxe natural única onde os axentes mariños e fluviais moldearon unha paisaxe chea de historia e beleza. Ao longo da camiñada, descubriremos os segredos desta contorna, a súa biodiversidade e as pegadas dos procesos xeolóxicos que deron forma a este ecosistema.
Duración: 3,5 horas
Distancia a pé: 6,5 km
Dificultade: Baixa
Prezo: Gratuíta
Grupo máximo: 20 persoas
Punto de encontro: Oficina de Turismo de Ribadeo (Coordenadas: 43.53555, -7.03931)
Xeoruta dos Arcos
Xeoruta dos Ollos
Queres saber por que os arcos rochosos da Praia de As Catedrais son tan singulares? Neste percorrido xeolóxico, descubrirás como estas impresionantes formacións se orixinaron ao longo de miles de anos e por que continúan evolucionando a medida que o mar as esculpe.
- Duración: 45 minutos
- Distancia a pé: 1,5 km

Que son os «ollos» e como se formaron? Únete a este percorrido polo encantador pobo mariñeiro de Rinlo para descubrir os segredos xeolóxicos deste recuncho costeiro. Ademais, coñecerás outros tesouros xeolóxicos ocultos ao longo deste tramo litoral. Unha oportunidade única para explorar os micropregues e outras formacións fascinantes da nosa costa!
- Duración: 3 horas
- Distancia a pé: 5 km
- Dificultade: Baixa
- Prezo: Gratuíta
- Grupo máximo: 20 persoas
- Punto de encontro: Praza de Santa Catarina en Rinlo (Coordenadas: 43.556618, -7.103334)