Patrimonio de Ribadeo

Unha viaxe a través da historia e a cultura da vila

Ribadeo conserva un valioso patrimonio que reflicte a súa evolución ao longo de séculos. Restos prehistóricos, vestixios arqueolóxicos, arquitectura tradicional, civil e relixiosa conforman un conxunto diverso que reflicte a historia, a cultura e as formas de vida da comarca.

Cada construción, cada paisaxe e cada pegada do pasado contribúen a entender mellor a identidade de Ribadeo e o seu papel no norte de Galicia.

Patrimonio arqueolóxico

Patrimonio etnográfico

Patrimonio civil

Depósitos paleolíticos de Louselas (Vilaselán)

Un dos xacementos paleolíticos máis importantes da costa cantábrica. Datado ao redor de 300.000 anos A.C., revela as primeiras pegadas humanas en Ribadeo. Atopáronse máis de 300 utensilios tallados en pedra —raspadores, bifaces ou hendedores— utilizados principalmente para traballar peles de animais. Parte destes restos consérvanse no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.

Mámoas de Rego de Mel (Remourelle)

Conxunto de tres túmulos neolíticos datados entre 6.000 e 3.000 A.C., situados na paraxe de Pena do Gato. Estas antigas estruturas funerarias, construídas con terra e pedras, acollían enterramentos colectivos e dolmens no seu interior.

Petróglifos “As Fádegas - As pisadas do Encanto”

Conxunto de gravados rupestres do 3.000 A.C. con formas podomorfas (pegadas de pés) e cazoletas, localizados en Cubelas. É un dos primeiros exemplos de arte rupestre da Mariña, recoñecido como ben cultural.

Os Castros

Os castros son antigos poboados fortificados prerromanos que adoitaban asentarse en zonas elevadas e de difícil acceso, protexidos por murallas, fosos e parapetos. En Ribadeo consérvase unha das concentracións máis destacadas da comarca, con castros tanto costeiros como de interior que mostran a diversidade e riqueza do mundo castrexo en Galicia.

  • Castro das Grovas (Vilaselán): xacemento costeiro de gran extensión (2,5 ha), onde se achou a Diadema de Ribadeo, xoia de ouro considerada unha das pezas máis valiosas da ourivaría castrexa.

  • Castro de Fornelo (Piñeira): situado nun istmo, moi próximo ao anterior. Presenta varios fosos e un parapeto de máis de 5 metros de altura.

  • Castro de Meirengos (A Devesa): asentamento costeiro con forma ovalada e irregular, adaptado ao terreo. Conserva varios fosos e un muro defensivo.

  • Castro das Cárcovas (Ove): castro de ladeira con excelentes vistas, rodeado de fosos que lle dan nome. Posúe varios parapetos e estruturas defensivas.

  • Castro da Pumarega (As Anzas): situado na parroquia de Santalla, conta con defensas concéntricas e restos visibles de vivendas circulares.

  • Castro da Torre (Vilausende): o maior do municipio (5,5 ha) e posiblemente o máis antigo, datado na Idade do Bronce Final. Sitúase no alto dun outeiro.

  • Castro da Aira da Croa (Arante): de pequeno tamaño (0,4 ha), na ladeira do monte da Rebolada. Conserva un parapeto superior e un foso perimetral.

Castro da praia de Os Castros (A Devesa): asentamento costeiro con restos de cerámica romana, moedas e fragmentos de sepulturas. Defendido ao norte e oeste por cantís.

Parque etnográfico de O Cargadoiro

Situado nun lugar con vistas únicas sobre a ría, o parque etnográfico de O Cargadoiro conserva os restos dun antigo cargadoiro de mineral, exemplo destacado do pasado industrial de Ribadeo. Esta estrutura permitía transferir o ferro desde os vagóns do tren directamente aos barcos, sen necesidade de que estes entrasen na ría, sorteando así as mareas.

O cargadoiro formaba parte dun complexo mineiro-ferroviario inaugurado en 1903 pola Sociedade Mineira de Vilaodrid, baixo a dirección do enxeñeiro Julio Lazúrtegui. O ferrocarril, con máis de 30 quilómetros de percorrido, unía A Pontenova co Porto Estreito de Ribadeo, facilitando a exportación do mineral por mar.

A partir de 1927, a liña utilizouse tamén para o transporte de viaxeiros ata o seu peche definitivo en 1966. Hoxe, este espazo recuperado convida a descubrir a historia da minería e o transporte na comarca, combinando memoria industrial e paisaxe.

Os hórreos

Icona da arquitectura rural galega, deseñados para protexer o gran da humidade e os roedores. En Ribadeo destacan tanto os hórreos de pedra como os de madeira.

Os muíños

Os muíños forman parte esencial do patrimonio rural galego e Ribadeo conserva exemplos singulares que mostran como se aproveitaban as forzas da natureza para tarefas cotiás como a moenda do gran. A orografía do municipio permite atopar muíños de río, de vento e de mareas.

Entre os máis representativos está o muíño de As Aceas, situado na enseada do mesmo nome, na parroquia de Ove. Trátase dun antigo muíño de mar, posiblemente con entre cincocentos e seiscentos anos de antigüidade, composto por un muro de contención e a edificación principal, que aproveitaba o movemento das mareas para xerar enerxía.

Tamén destaca o muíño do Campo de San Pedro, na parroquia de Rinlo. De planta rectangular, presenta muros de cachotería, cuberta a dúas augas e detalles construtivos tradicionais como a teza curva e o acceso con dintel.

Estes muíños non só ilustran a intelixencia construtiva popular, senón tamén o modo en que as comunidades se adaptaban á contorna para asegurar o seu sustento.

As fontes

Durante séculos, as fontes públicas foron espazos clave na vida cotiá de Ribadeo. Ademais de abastecer de auga aos veciños, eran puntos de encontro, conversación e convivencia. Hoxe, moitas delas consérvanse como elementos do patrimonio etnográfico, integradas na paisaxe urbana e rural do municipio.

Ribadeo conta con máis de 120 fontes repartidas por todo o termo municipal, cada unha coas súas particularidades arquitectónicas e funcionais, desde as máis sinxelas ata outras con maior ornamentación.

  • Fonte de San Xillao (Vilaframil): fonte de cano construída en pedra, situada xunto ao arroio de Xulián. Conduce a auga desde a mina ata un pilón labrado.
  • Fonte dos Catro Canos (Fernando o Santo): no centro urbano de Ribadeo, foi construída en 1849. De planta circular, cunha columna central rematada en pináculo da que brotan catro canos.
  • Fonte do Campo do Cristo (Rinlo): fonte de manancial escavada no terreo, de uso comunal. A auga sae a través dun cano inclinado de pedra.
  • Fonte de Dompiñor (Piñeira): situada a beiras do arroio dos Tacós, esta fonte de cantería é exemplo de integración na contorna natural.
  • Fontecavada (Ribadeo): situada na rúa do mesmo nome, é unha das fontes tradicionais que aínda se conservan no núcleo urbano.

Os lavadoiros

Espazos públicos onde as mulleres lavaban roupa, charlaban e compartían vida social. Atopábanse xunto a ríos ou fontes e algúns conservan aínda as súas estruturas orixinais.

Casas blasonadas

Entre os séculos XVI e XIX, moitas familias fidalgas de Ribadeo decoraron as súas casas con escudos de armas que amosaban o seu liñaxe e posición social. Estes blasóns, ademais de identificar ás familias propietarias, convertéronse en elementos distintivos da arquitectura local.

Algúns escudos inclúen símbolos doadamente recoñecibles: a aguia dos Aguiar, as lapas dos Lamas de Quintalonga, o “M” dos Montenegro, as cinco doncelas con viera dos Miranda ou a torre rodeada de ondas dos Presno.

En varios casos, os escudos ían acompañados de inscricións ou lemas familiares, como o coñecido: “El solar de Valledor eres antiguo y de gran valor”.

Casas de Comerciantes

O auxe do comercio do liño a partir do século XVII converteu a Ribadeo nun dos portos máis activos do Cantábrico. Esta prosperidade atraeu a comerciantes locais e foráneos que, ademais de dinamizar a economía, impulsaron unha transformación urbana coa construción de grandes casas señoriais.

Moitas destas vivendas aínda se conservan no casco antigo. Distínguense polos seus amplos volumes e polos característicos gurugús, miradoiros acristalados situados nos tellados, desde onde se avistaban os barcos que chegaban ao porto.

Dous dos exemplos máis representativos son a Casa de Arriba e a Casa de Abaixo, vencelladas a dúas figuras clave do comercio ribadense. A primeira foi propiedade de Antonio Casas, empresario galego vencellado ao comercio co Báltico, que estableceu aquí a súa navieira e banco ata a súa quebra en 1933. A segunda pertenceu a Francisco Antonio de Bengoechea, armador de orixe vasca e rival político, que tamén fundou a súa propia navieira e deixou un considerable legado económico tras o seu falecemento en 1900.

Estas casas son testemuño do esplendor mercantil de Ribadeo e da pegada que deixaron as familias que fixeron do comercio o seu modo de vida.

As Casas Indianas

Entre mediados do século XIX e XX, moitos ribadenses emigraron a América na procura dunha vida mellor. Algúns non regresaron, outros fixérono sen fortuna, pero houbo quen volveu con éxito e decidiu deixar constancia diso no seu lugar de orixe.

Unha das formas máis visibles foi a construción de grandes casas, de estilo ecléctico e rechamante, coñecidas como casas indianas. Ademais de amosar a súa nova posición social, moitos indianos tamén contribuíron ao desenvolvemento do municipio financiando escolas, fontes, cemiterios, camiños, alumeado ou a traída de augas.

Ribadeo conserva un notable legado indiano, con máis de 27 casas, ademais de equipamentos como a Granxa Escola Agrícola Pedro Murias ou a praza de abastos. Estas construcións non só enriqueceron a paisaxe urbana, tamén deixaron unha fonda pegada na historia local.

Os Caseríos

Boa parte das casas de labranza que aínda hoxe se conservan na zona rural de Ribadeo teñen a súa orixe nos casais xurdidos tras a desamortización de Madoz, a mediados do século XIX. Estas explotacións familiares estaban pensadas para asegurar a autosuficiencia e o sustento do fogar.

A súa estrutura seguía un modelo moi definido:

  • A casa cumpría varias funcións: servía de vivenda, obradoiro e corte para o gando.
  • As terras de labradío incluían horta, prados de sega e pasteiros, destinados a alimentar tanto á familia como aos animais.
  • A eira ou palleiro acollía construcións auxiliares como hórreos, adegas ou pozos, e era o espazo principal para as tarefas agrícolas, especialmente as relacionadas co cultivo do trigo.
  • Os campos de cultivo máis amplos destinábanse á sementeira de cereais como o trigo ou o millo.
  • O monte, imprescindible para o equilibrio do sistema, achegaba leña, forraxe e materiais básicos, ademais de actuar como reserva en tempos difíciles.

Os Pazos

Os pazos son casas señoriais vencelladas á nobreza rural galega, construídas entre os séculos XV e XIX. En Ribadeo consérvanse exemplos destacados que combinan arquitectura defensiva, elementos relixiosos e espazos agrícolas.

Pazo de Cedofeita
Erguido entre finais do século XV e comezos do XVI por Lope García de Cedofeita, é un edificio de planta rectangular con dúas alturas, unha torre nunha esquina e outra máis pequena adosada. Na fachada principal consérvase o escudo heráldico da familia, gravado en madeira. O conxunto inclúe un hórreo, un palomar circular, un muíño, unha capela de estilo rococó con espadana dun só vano, xardíns, zona de cultivo e un recinto amurallado.

Pazo de Quinta Longa (Vilausende)
Este pazo conserva boa parte da súa estrutura orixinal: patio de ingreso, corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. No seu muro oriental loce un escudo de armas ovalado en pedra cos emblemas das familias Montenegro e Luaces. Complétase cun palomar hexagonal, unha capela dedicada á Virxe da Inmaculada e unha cerca que delimita o conxunto.

Patrimonio Relixioso

O Forte de San Damián

Convento de Santa Clara

Fundado como beaterio no século XI e convertido en convento en 1366, Santa Clara é un dos conxuntos relixiosos máis antigos de Ribadeo. Sufriu un incendio en 1544 e foi ocupado polas tropas napoleónicas en 1809, o que provocou a perda de parte do seu arquivo.

Nos séculos XVII e XVIII, a comunidade posuía numerosos bens e rendas. O edificio actual mantén a súa planta orixinal, con igrexa de nave única, claustro do século XVIII, cociña monástica e unha torre rematada con espadana.

Na entrada destaca a inscrición Haec est domus paupertatis (“esta é a casa da pobreza”), símbolo da orde clarisa.

Iglesia de Santa María del Campo

Antigo convento franciscano transformado en igrexa parroquial en 1835. Ao longo do tempo foi reformado: en 1905 substituíuse a espadana polo campanario actual, engadiuse un pórtico e substituíuse a bóveda de madeira por outra nervada.

Do convento orixinal consérvase a disposición do plano, o arco do presbiterio e varios elementos estruturais. O templo destaca pola súa porta gótica do século XIV, unha nave central con bóveda sinxela e varias capelas. No interior atópanse arcos románicos, retablos barrocos do século XVIII e escudos de familias nobres de Ribadeo.

Capela da Trindade ou Atalaia

Construída no século XII por orde de Fernando II, é un dos templos máis antigos de Ribadeo. Álzase sobre un promontorio con vistas á entrada da ría e ao porto de Porcillán, lugar desde o que antigamente se guiaba aos navegantes con fachos. De aí o seu nome: Atalaia.

Ademais de lugar de culto, foi sede de reunións gremiais e consellos abertos. Ao seu lado, dous canóns lembran o seu antigo papel defensivo.

Conserva unha porta gótica do século XIV con decoración en zigzag, unha nave única e tres retablos, entre os que destaca o barroco coa imaxe da Santísima Trindade. Sobre a entrada atópase o escudo de Ribadeo e unha espadana dun só van.

Santuario da nosa Señora das Virtudes

Situado na Ponte (Arante), xunto ao Camiño Norte de Santiago, este santuario é un dos máis venerados da zona pola devoción á súa virxe milagrosa. Foi construído a finais do século XIV e reformado en épocas posteriores.

É un templo de nave única, con tellado a dúas augas, arco oxival e retablos renacentista e barroco. Conserva un exvoto pintado que narra o rescate do navío Santa Catalina en 1595 grazas á intercesión da Virxe.

Destacan as súas pinturas murais tardo-medievais ao fresco, con escenas bíblicas, figuras alegóricas como a Morte viva e representacións marianas.

Cada ano, a finais de maio, acolle a popular romaría das Cruces, na que veciños de distintas parroquias acoden con pendóns en recordo da vitoria local fronte ás tropas napoleónicas.

O Forte de San Damián

Construído en 1624 para protexer a ría e os estaleiros de Ribadeo fronte a ataques marítimos, o Forte de San Damián é o principal exemplo de arquitectura militar do municipio. Foi destruído polos ingleses en 1719, reconstruído en 1743 e ampliado en 1762. Durante a Guerra da Independencia foi desmantelado e usado temporalmente como hospital militar.

Adquirido polo Concello en 1965 polo prezo simbólico dunha peseta, foi restaurado en 1990. Hoxe funciona como sala de exposicións e miradoiro privilexiado sobre a ría e o litoral ribadense.

Ir o contido