Festas
Festas en Ribadeo
Ribadeo celebra a súa identidade a través de numerosas festas e eventos que marcan o ritmo do ano e reflicten o carácter hospitalario da súa xente. Algunhas veñen de moi atrás. Outras, xurdiron en tempos recentes. Iso sí, todas comparten un mesmo espírito: reunir a veciñas, veciños e visitantes para gozar, compartir e manter vivas as tradicións.
O calendario festivo do municipio é diverso. As celebracións enchen prazas, rúas e parroquias de vida, fortalecen os vínculos entre xeracións e ofrecen a quen visita Ribadeo a oportunidade de descubrir unha cultura local que se vive con orgullo e alegría.
XANEIRO
FEBREIRO
(dependendo do ano, varía coa Semana Santa)
- Antroido (Entroido): empeza 40 días antes do Xoves Santo. O domingo arrinca co pregón, o martes celébrase o desfile de comparsas e o sábado despídese coa tradicional queima do Antroido. Unha das citas máis esperadas do calendario, con gran implicación veciñal e ambiente festivo en toda a vila.
Marzo
(dependendo do ano, varía coa Semana Santa)
- Antroido (Entroido): continúa ou se celebra neste mes, segundo o calendario. A festa mantén a súa estrutura principal, con actos que enchen as rúas de cor, humor e participación popular.
Abril
Mayo
- Os Maios: recuperación dunha antiga tradición que festexa a chegada da primavera.
- Ribadeo de Tapeo: terceira e cuarta semana de maio. Concurso gastronómico no que participan numerosos establecementos locais, que presentan creacións orixinais baseadas en produtos de proximidade.
XUÑO
- Festa das Cruces: sete semanas despois do Domingo de Resurrección, na Ponte (parroquia de Arante). Desfile de estandartes de distintas parroquias para conmemorar a resistencia local fronte ás tropas napoleónicas na Guerra da Independencia.
Julio
- Ribadeo Indiano: segunda fin de semana de xullo. Recreación histórica que transforma a vila nun escenario do século XX.
- Festa do Carmen: organizada pola Confraría de Pescadores, inclúe unha emotiva procesión marítima en honra á patroa dos mariñeiros.
- Feira do Libro: terceira semana de xullo. Actividades literarias e culturais para todos os públicos.
- Festival do Percebe: entre finais de xullo e principios de agosto, en Rinlo. Degustacións populares e ambiente mariñeiro, co percebe como protagonista.
Agosto
- Xira de Santa Cruz: primeiro domingo de agosto. Romaría de Interese Turístico Nacional, con música tradicional, ofrenda floral e xornada campestre no monte de Santa Cruz.
- Festival creativo de curtos On & Off: desde 2005 este festival converte as rúas nun escenario xigante ao que acoden moitos/as afeccionados/as do audiovisual para rodar e mesmo participar como actores e actrices.
- Trofeo Emma Cuervo: torneo de fútbol de verán con décadas de historia, que enfronta a equipos galegos e asturianos.
- Semana Náutica: no porto deportivo. Regatas, travesías a nado, concursos de pesca e outras actividades vinculadas ao mar.
- Festa de San Roque: 16 de agosto, en honra ao copatrón de Ribadeo. Misa, procesión con Cocos e Cabezudos, música e verbena ata a madrugada.
- Día da Malla: a mediados de mes, en As Anzas. A Asociación de Veciños As Anzas organiza unha representación da Malla, recuperación etnográfica dunha tradición do rural galego na que se pon en valor o traballo comunitario.
- Festa da Carne ao Caldeiro: en Remourelle (Arante). Degustación deste prato típico, organizada polos propios veciños e produtores locais.
- Festival de Habaneras: organizadas pola Coral de Ribadeo, participan a formación convocante e como mínimo outras dous procedentes doutras localidades.
- Festival Folclórico: exhibición de música e bailes tradicionais de diferentes países.
SETEMBRO
- Festas Patronais de Santa María do Campo: 8 de setembro. Semana Grande de Ribadeo, con actos relixiosos, concertos, espectáculos infantís, desfiles e verbenas en distintos espazos do municipio.
- Mostra de teatro afeccionado Daniel Cortezón: Ribadeo pon en valor e difunde o teatro afeccionado de calidade con esta mostra que leva o nome do escritor ribadense Daniel Cortezón, cuxas obras pertencen á historia do teatro galego do pasado século.
OUTUBRO
Xornadas “Mar por medio”: un dos eventos culturais máis relevantes do país. Celébrase anualmente desde 1993 e nas súas últimas edicións centrouse nas diferentes estratexias de difusión da nosa cultura, sobre todo nos países da lusofonía e Iberoamérica.
NOVEMBRO
- Samaín: 1 de novembro. Recuperación da celebración ancestral que celebra o fin do verán, recollida das colleitas e o comezo do inverno.
- Festival Jazz Blues: festival que reúne o mellor da música jazz do panorama nacional e internacional, acompañado de actividades como exposicións, conferencias, mesas redondas, mesas de cinema e mercados de discos.