Política de Privacidade

Introdución

O Concello de Ribadeo trata os datos persoais recollidos a través deste portal de internet , como responsable do tratamento, segundo o disposto no – Regulamento (UE) 2016/679 – Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) –  e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, garantindo o dereito fundamental á protección de datos das persoas usuarias dos servizos municipais ofrecidos por esta canle de comunicación.

A persoa usuaria debe ler con atención esta Política de Privacidade que foi redactada de forma clara e sinxela co obxectivo de facilitar a súa compresión, podendo así determinar libre e voluntariamente se desexa facilitar os seus datos persoais. Esta Política de Privacidade poderá ser actualizada polo Concello cando se realicen novos tratamentos dos seus datos persoais ou existisen modificacións lexislativas.

O Concello designou a un Delegado de Protección de Datos Persoais, con dirección de contacto ao email: dpo.ribadeo.gal ou na sede electrónica en https://ribadeo.sedelectronica.gal/info ou dirección de correo postal en Praza España, 1, 27700 Ribadeo, Lugo, para aclarar calquera dúbida relativa ao tratamento dos seus datos persoais ou ampliar a información.

Responsable do tratamento

O responsable do tratamento dos datos tratados neste sitio web é o Concello de Ribadeo, con NIF: P2705100B e domicilio en Praza España, 1, 27700 Ribadeo, Lugo (España).

Tratamento dos datos persoais

O Concello recompila datos de carácter persoal para poder acceder e prestarlle algúns dos servizos prestados a través deste sitio web. Algúns destes datos facilítaos directamente, por exemplo, cando cumprimenta un formulario de solicitude e outros son obtidos indirectamente con tecnoloxía como é o caso das cookies.

Sempre que se proceda á recollida de datos a través dun formulario (en liña ou en formato descargable) ou outras canles de comunicación establecidos no sitio web, informarase á persoa afectada segundo o establecido na vixente normativa de protección de datos.

Os medios utilizados polo Concello para a recollida e posterior tratamento de datos persoais son:

  • Formularios: A través de formularios, o Concello recompila datos de carácter persoal para acceder e prestarlle os distintos servizos prestados desde este sitio web. A información sobre o tratamento que realiza o responsable dos datos persoais que solicita entregarase no propio formulario.
  • Cookies: O Concello pode utilizar cookies técnicas (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao computador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización deste sitio web. A información sobre o tratamento que realiza o responsable dos datos persoais que solicita a través do correo electrónico está dispoñible en: Política de Cookies.

Os datos solicitados nos formularios ou solicitudes dispoñibles no sitio web son, con carácter xeral, obrigatorios (indícase cun asterisco en cada un dos campos para encher) para cumprir coas finalidades establecidas. Se desexa utilizar outros medios para a remisión de datos ao Concello a persoa usuaria deberá achegar unicamente aquela información que sexa precisa en cada caso.

Neste sentido, a persoa usuaria asumirá as posibles responsabilidades derivadas dos datos excesivos ou inadecuados que, voluntariamente, decida facilitar ao Concello a través dos medios de recollida de datos establecidos. Ademais, responsabilízase da veracidade e exactitude dos datos persoais facilitados. No suposto de producirse algunha modificación nos datos da persoa usuaria, os cambios deberán ser comunicados ao Concello co fin de mantelos actualizados.

A tipoloxía de datos persoais tratados é, con carácter xeral, identificativa como: nome, apelidos, NIF, firma, dirección, teléfono e correo electrónico, sen prexuízo de que nos documentos achegados poidan incorporarse outros achegados polo interesado. Ademais, na navegación da nosa web trátanse os datos como a dirección da internet desde a que partiu o link que dirixe ao noso sitio web.

Os datos persoais non serán comunicados a terceiros salvo obrigación legal. Non están previstas transferencias de datos fóra do espazo da Unión Europea.

O Concello conservará os datos persoais mentres dure a finalidade para a que se recollen ou para dar resposta ao procedemento solicitado incluíndo a interposición de reclamacións ou recurso; ademais poderá incorporalos ao arquivo segundo a política de xestión documental do municipio.

Limitacións no tratamento

O Concello non autoriza aos menores de 14 anos a facilitar os seus datos persoais a través dos medios habilitados neste sitio web (enchemento dos formularios web habilitados para a solicitude de servizos, de contacto ou mediante o envío de correos electrónicos), sen prexuízo doutra normativa aplicable. Por tanto, as persoas que faciliten datos persoais utilizando devanditos medios manifestan formalmente ser maiores de 14 anos quedando o Concello eximido de calquera responsabilidade polo incumprimento deste requisito.

Naqueles casos nos que os servizos ofrecidos polo Concello estean destinados a menores de 14 anos habilitaranse os medios para solicitar a autorización dos pais ou titores legais do/a menor, previa identificación.

Información na recollida de datos

Non están previstas comunicacións de datos a terceiros nin transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais, salvo para o cumprimento dunha obrigación legal ou a pedimento dun organismo público ou polos xulgados ou tribunais.

Prazo de conservación

O Concello conserva os seus datos persoais durante o tempo imprescindible e necesario por cada finalidade do tratamento, sen prexuízo de que poida revogar o consentimento en calquera momento. O prazo de conservación, xeralmente, virá dado polo cumprimento dunha obrigación legal que poida darse en cada un dos tratamentos ou para o exercicio de posibles reclamacións por parte das persoas usuarias.


Medidas de seguridade

O Concello adopta as medidas de seguridade adecuadas de acordo co previsto á vixente normativa de protección de datos co fin de garantir o dereito fundamental á protección de datos das persoas usuarias deste sitio web, adoptando para iso as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos que están expostos.

Dereitos

Os dereitos das persoas afectadas son:

Obter confirmación sobre se o Concello está a tratar os seus datos persoais.

Acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios  para os cales foron solicitados.

Solicitar en determinadas circunstancias:

A limitación do tratamento dos seus datos, nese caso só serán conservados polo Concello para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

A oposición ao tratamento dos seus datos, nese caso, o Concello deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións. Incluído o tratamento dos seus datos para decisións individuais automatizadas.

A portabilidade dos datos para que sexan facilitados á persoa afectada ou transmitidos a outro responsable, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica.

Así mesmo, cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento ten dereito a revogalo nos termos e condicións establecidos na vixente normativa de protección de datos.

As persoas afectadas poderán exercitar os dereitos ante o Concello de Ribadeo, Praza España, 1, 27700 Ribadeo, Lugo (España) indicando no asunto: Ref. Protección de Datos ou a través da dirección de correo: dpo.ribadeo.gal

No caso de que sinta vulnerados os seus dereitos no concernente á protección dos seus datos persoais, especialmente cando non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente, a Axencia Española de Protección de Datos – Dirección: C/ Jorge Juan, 6 – 28001 MADRID (Madrid) – Sede electrónica: sedeagpd.gob.es. Con todo, con carácter previo e potestativo poderá presentar reclamación ante o Delegado de Protección de Datos do Concello: dpo.ribadeo.gal.

Data de publicación: 01/06/2025

Ir o contido